InicioSociedadeGuía para entender a onde podemos viaxar na nova normalidade

Guía para entender a onde podemos viaxar na nova normalidade

Ningún concello da área de Vigo seguirá confinado.

PUBLICADO O

A Consellería de Sanidade informou este martes de que as medidas de mobilidade que entrarán en vigor a partir do próximo venres e que sairán publicas no Diario Oficial de Galicia nas próximas horas afectan a 116 concellos de maneira máis firme.

En concreto, Galicia parte con 10 concellos pechados, porque superan os 500 casos por 100.000 habitantes; outros 28 terán mobilidade só entre eles (entre 250 e 500, independentemente da área sanitaria que presente esa situación); e un total de 78 terán dobre restrición de mobilidade: só poderán moverse a outros concellos que teñan a mesma incidencia (250-500) e que estean na súa mesma área sanitaria (ou Pontevedra-Salnés, ou Ferrol ou A Coruña).

En síntese, tras escoitar as propostas do comité clínico que asesora ao Goberno, a Xunta decidiu reabrir parte da mobilidade pero con limitacións. Por unha banda deixa unha decena de concellos perimetrados.

En segundo lugar, permite a mobilidade no territorio galego, de forma que os cidadáns poderán acudir a municipios que se atopen no mesmo rango de incidencia, xa sexa un traslado de Santiago a Ourense ou de Lugo a Vigo, por exemplo.

E en terceiro lugar hai unha dobre restrición para as áreas sanitarias de Ferrol, A Coruña e Pontevedra-Salnés. Así, por unha banda estas áreas sanitarias quedan perimetradas internamente, é dicir, os desprazamentos só se poderán realizar dentro deste ámbito.

A segunda condición destes cidadáns será que só poderán moverse a concellos coa mesma situación epidemiolóxica e, no caso de que un deles estea entre os que teñen máis de 500 casos por 100.000 habitantes, non poderán cruzar o seu perímetro municipal.

En principio, e a falta das actualizacións que a Consellería de Sanidade asegurou que fará periodicamente pero sen precisar como e cada canto, a listaxe de concellos queda como segue:

Concellos pechados perimetralmente (máis de 500 casos). Na área da Coruña: Corcubión, Curtis e Ponteceso; na área de Ferrol: Moeche; na área de Santiago: Toques; na área de Lugo: O Corgo, Guitiriz; na área de Ourense: A Gudiña e A Peroxa.

Concellos nos que só se poderán mover dentro da área sanitaria (á que pertenzan) e só entre eles (por ter incidencia de entre 250 e 500). Área da Coruña (33 en total): Abegondo, A Coruña, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cambre, Carballo, Carral, Cee, Cerceda, Coirós, Coristanco, Culleredo, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada, Sobrado, Vilamaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas.

Área de Ferrol (19): Ares, A Capela, As Pontes, As Somozas, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño e Vadoviño.

Área de Pontevedra (26): A Lama, A Illa de Arousa, Barro, Bueu, Cambados, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Forcarei, Marín, Meaño, Meis, Moraña, O Grove, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

MOBILIDADE FÓRA DA ÁREA SANITARIA

Finalmente, haberá mobilidade entre estes concellos, aínda que non están na mesma área sanitaria. Iso si, non poderán acudir nin a outros da súa mesma área sanitaria con diferente incidencia, nin tampouco saltarse o perímetro a áreas sanitarias que están pechadas (as tres anteriores), aínda que o seu obxectivo sexa ir a un municipio con igual incidencia que o seu.

Área de Santiago (seis): Arzúa, Dodro, Frades, Ordes, Rois e Tordoia.

Área de Lugo (oito): A Pobra do Brollón, A Pontenova, Baralla, Guntín, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, Rábade e Sober.

Área sanitaria de Ourense (11): A Mezquita, A Merca, Bande, Beade, Celanova, Punxín, Sandiás, Taboadela, Beira, Viana do Bolo e Xunqueira de Espadanedo.

Área sanitaria de Vigo (tres): Moaña, Oia e Redondela.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...