InicioSociedadeO alumnado do instituto de Baiona proba sorte na radio cun programa...

O alumnado do instituto de Baiona proba sorte na radio cun programa solidario

Desenvolverán un programa radiofónico de denuncia como parte dun programa artellado por varias ONGs.

PUBLICADO O

Dende Vigo a Castroverde, de Ares a Vilagarcía pasando por Vilaboa e Baiona, case cincocentos mozos e mozas de institutos de toda Galicia se lanzarán estes días a dar os seus primeiros pasos na radio. Farano como parte do proxecto de educación en valores “Activistas polo mundo queremos”, que neste 2021 incluirá a elaboración dun podcast para “combater o machismo, o consumismo e o racismo”.

A actividade radiofónica deste 2021 –que xa tivo lugar en edicións anteriores– chega logo de que a rapazada adscrita ao programa comprendera a importancia de ferramentas comunicativas como a radio á hora de impulsar accións de activismo. Precisamente, e segundo destacan os organizadores, esta concienciación chegou da man de diversas charlas virtuais mantidas con activistas dominicanas e salvadoreñas.

Así, unha vez aprendida a teoría, toca choutar á práctica. A rapazada implicada no programa leva semanas investigando sobre temas de denuncia e transformación social que, agora, poderá levar ao formato da radio para maior difusión. Entre eles destacan temas de actualidade os parques eólicos da serra da Grova e do Galiñeiro, o racismo nas aulas, entrevistarán a coñecidas escritoras feministas como Eli Ríos, etc.

Os talleres radiofónicos arrincarán así estes martes a mediodía no IES Primeiro de Marzo de Baiona, para logo chegar ao do IES Miguel Ángel González Estévez do Carril, en Vilagarcía de Arousa. Nas semanas vindeiras irán gravando o resto dos centros educativos que este ano participan no proxecto: o CPI As Mirandas en Ares (A Coruña), o CPI Plurilingüe de Castroverde (Lugo) o CPI do Toural de Vilaboa ( Pontevedra) e CPR Rosalía de Castro de Vigo.

ÚLTIMAS

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

O PP denuncia a Caballero o ocultamento “intencionado” da perda de fondos europeos para reformar o parque Camilo José Cela

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns que o...

Ferido grave un home ao caer desde un tellado no que traballaba no porto pesqueiro do Berbés

Un home resultou ferido grave este luns ao precipitarse desde o tellado no que...

Detido por exhibicionismo un home que se facía tocamentos e se masturbaba na praia viguesa de Samil

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D.,...