InicioSociedadeCaballero acusa á Xunta de oporse ao proxecto da escola infantil "Picacho"

Caballero acusa á Xunta de oporse ao proxecto da escola infantil “Picacho”

"É bo para os nenos do Santa Marta, resolve un problema laboral das profesoras, é bo para o Ramón e Cajal; debe ser malo para a Xunta", apuntou o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou que hai suficiente espazo para situar unha escola infantil no CEIP Ramón e Cajal (coñecido como colexio ‘Picacho’), e acusou á Xunta de pór “paus nas rodas” no relativo a este proxecto. “Quen di que non á escola infantil chámase Xunta de Galicia”, criticou.

O rexedor olívico remarcou nunha rolda de prensa este luns que a escola infantil ocuparía “menos da metade” das aulas que hai libres no colexio; así, asegurou que hai un total de 22 aulas pero só “se usan 9”, mentres que o resto utilízanse “para usos concretos fóra das aulas”.

Neste sentido, aseverou que o Ramón e Cajal é “o colexio de Europa con máis espazo por estudante”. “Non se se é unha actitude moi solidaria”, apuntou, a colación do que indicou que a súa proposta permitiría aínda así “deixar aulas baleiras”, pois a escola infantil requiriría cinco aulas, co que “para actividades se poden usar oito máis”.

Caballero, que descartou valorar a posición das asociacións de pais de alumnos, insistiu que nesta decisión “manda a Xunta”. “Xa adiantou antes dos informes que ía dicir que non, sempre pondo obstáculos“, incidiu respecto da postura da Administración autonómica, á que requiriu que envíe a súa resposta “por escrito”.

“Quero que a Xunta diga se quere unha escola infantil ou non“, reclamou Caballero, que reiterou que de face á elaboración do proxecto fixéronse “consultas previas” por parte do Goberno local e determinouse que “era bo para os nenos”.

“É bo para os nenos do Santa Marta, resolve un problema laboral das profesoras, é bo para o Ramón e Cajal; debe ser malo para a Xunta“, apuntou, antes de engadir que se este proxecto recibe o visto e prace, a nova escola infantil estaría “operativa en setembro paga polo Concello”.

PINTADAS

Noutra orde de asuntos, o rexedor avanzou que o Concello de Vigo vai establecer accións contra pintadas na cidade. Así, mobilizarase a efectivos policiais de paisano para localizar aos autores desta “forma de vandalismo” e “actuar contra eles”.

Ademais, iniciarase unha campaña especial para borrar os grafitis, para o que se establecerán grupos de limpeza que traballarán con sistemas de area e auga a presión. “Non imos deixar que campen ás súas anchas e que pinten a cidade de forma indesexable“, finalizou.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...