InicioSociedadeComezan a vacinar aos maiores de 80 anos na área de ...

Comezan a vacinar aos maiores de 80 anos na área de Vigo

A vacinación dos maiores de 80 anos comezou este mesmo luns día 22.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pola súa banda, na área de Vigo teñen previsto pór este primeiro día un milleiro de dose. En concreto, no centro de saúde de Taboada Leal una das enfermeiras, Lara, comentou que resulta “moi emocionante participar nisto” e desexou “que acabe axiña“. “Moi contentas de poder axudar”, abundou.

Nesta liña, a súa compañeira Andrea Otero manifestou que “é moi satisfactorio poder vacinar tamén a xente maior, que o recibe con moita alegría”. Así, valorou que “xa era hora de que lles chegase o seu momento”. Mentres, a coordinadora de enfermaría Julia Tomé comentou que se trata de “unha poboación en gran risco”. “E nestes momentos estamos a protexelos”, sentenciou.

Entre os usuarios vacinados neste centro de Vigo este luns, Purificación Lerma recoñeceu que “estaba a desexar” poder vacinarse. “Dábame moito medo, canto máis pronto mellor”, afirmou, para subliñar que desexa “que chegue a segunda” (dose). “Quero viaxar, teño ao meu fillo e netos en Canarias”, apostilou.

Tamén Fernando Iglesias mostrouse “contento” tras recibir esta primeira dose da vacina, mentres que Cándida Hortas asegurou que “a xente responde moi ben”.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...