InicioSociedadeBaixan os novos casos covid pero soben os pacientes en UCI

Baixan os novos casos covid pero soben os pacientes en UCI

Hai 61 pacientes noutras unidades --dúas menos-- e soben a 21 os das UCI.

PUBLICADO O

A presión hospitalaria segue en descenso en Galicia con nove pacientes con Covid-19 menos en UCI, mentres que os ingresados noutras unidades aumentan lixeiramente en tres, polo que baixa a 729 o total de hospitalizados con coronavirus –seis menos que este domingo–. Tamén descenden os novos contaxios diarios detectados cos diferentes tipos de probas a 213.

Así se constata nos datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, nos que se inclúen 146 pacientes con Covid-19 ingresadas en UCI –nove menos– e 583 noutras unidades –tres máis–.

Por áreas sanitarias, na área de Vigo caen a 61 os pacientes noutras unidades –dúas menos– e soben a 21 os que se atopan en UCI –un máis–.

MENOS CASOS E MENOS CONTAXIOS

Os casos activos de coronavirus seguen en descenso e sitúanse en 8.066, o que supón 550 menos que os rexistrados ata a xornada anterior. En concreto, redúcense nas sete áreas sanitarias galegas, das que tres se manteñen por encima do milleiro, entre elas Vigo, con 1.261. Con todo baixan os casos diarios detectados a 22 novos positivos.

POSITIVIDADE E PCR

A taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– descendeu a un 3%, polo que se mantén por baixo do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...