InicioSociedadeBaixa a presión hospitalaria pola UCI en planta pero non na UCI

Baixa a presión hospitalaria pola UCI en planta pero non na UCI

Na Unidade de Coidados Intensivos seguen 24 pacientes.

PUBLICADO O

A presión hospitalaria segue en descenso en Galicia, que rexistra 27 ingresados menos con Covid-19, deles 18 corresponden a UCI, polo que baixan a 924 os hospitalizados en toda Galicia. Tamén volven reducirse os casos activos, que se sitúan en 11.742.

Así se constata nos datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, recollidos por Europa Press, nos que se indica que hai 187 persoas con coronavirus en UCI –18 menos– e 737 noutras unidades –nove menos–. Na área de Vigo os ingresados con Covid en UCI mantéñense en 24, pero baixan a 102 os que permanecen noutras unidades –sete menos–.

MENOS CASOS E CONTAXIOS

Os casos activos tamén seguen con tendencia descendente na Comunidade galega e sitúanse en 11.742, o que supón 722 menos que a xornada anterior. Estes caen nas sete áreas sanitarias galegas. Deste xeito, na de Vigo hai 1.826 –supoñen 109 menos–.

Os novos contaxios detectados con diferentes tipos de probas reducíronse a 357 –un menos que a xornada anterior–, dels 61 son na área de Vigo.

POSITIVIDADE

Ata o momento leváronse a cabo en Galicia 1.592.797 probas PCR, o que supón 7.128 máis que as realizadas ata a xornada anterior en Galicia. Pola súa banda, a taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– descendeu a un 4,5%, polo que volveu a situarse por baixo do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia e do que Galicia logrou baixar por primeira vez a semana pasada desde o 24 de decembro.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...