InicioSociedadeVithas Vigo implanta a radiofrecuencia para tratar miomas uterinos sen cirurxía e...

Vithas Vigo implanta a radiofrecuencia para tratar miomas uterinos sen cirurxía e en menos de media hora

A intervención non deixa cicatrices, o que reduce o risco de sufrir un aborto e facilita o parto vaginal

PUBLICADO O

- Advertisement -

O hospital Vithas Vigo comezou a tratar miomas uterinos por radiofrecuencia, un tratamento que permite abordar esta patoloxía en menos de media hora, sen cirurxía, de forma ambulatoria e sen causar molestias na paciente.

Os miomas uterinos son tumores benignos, os máis comúns entre as mulleres, que crecen no útero e que causan diferentes síntomas como menstruacións moi abundantes e dolorosas, sangrados ocasionais entre períodos, dor pélvico crónico e ao manter relacións sexuais, aumento da frecuencia de micción ou hinchazón abdominal.

Esta patoloxía tamén pode afectar á fertilidade, xa que pode dificultar a concepción, aumentar a taxa de abortos, de partos prematuros e hemorraxias postparto, entre outras complicacións.

Segundo informou o complexo hospitalario, o tratamento, que leva a cabo en quirófano, dura entre 10 e 30 minutos e a paciente pode regresar á súa casa dúas horas despois. A única indicación tras a intervención é “levar unha vida tranquila” durante un par de días. As molestias, en caso de telas, son leves –certa sensación de hinchazón similar á que se ten durante a menstruación– e responden a analxésicos habituais. A doutora Darriba Mariño, coordinadora de xinecología e obstetricia do Hospital Vithas Vigo di que non deixa cicatrices.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...