InicioSociedadeA CIG critica que se pretenda derrubar unha escola infantil porque "estorba"

A CIG critica que se pretenda derrubar unha escola infantil porque “estorba”

Di que ten que ver coa intervención urbanística do Barrio da Cura e do Túnel da Porta do Sol.

PUBLICADO O

A CIG-Ensino denuncia que o Concello de Vigo ten a pretensión de derrubar o edificio da Escola Infantil Municipal Santa Marta porque “estorba” á intervención urbanística do Barrio da Cura e do Túnel da Porta do Sol.

Así o manifestou o concelleiro de Educación de Vigo no pleno do Consello Escolar Municipal do pasado 10 de febreiro, no que FOANPAS e a CIG-Ensino reclamaron a súa preocupación polas traballadoras e os nenos e nenas da escola.

“A EDUCACIÓN NON É A PRIORIDADE”

Por outra banda, a CIG-Ensino sostén que o concelleiro non anunciou ao Consello que se pretende trasladar as dúas aulas de 1 e 2 anos da escola e eliminar a de 0 anos, reducindo así o servizo e poñendo en perigo a continuidade da escola. “Unha vez máis, a educación non é a prioridade”, reivindican dende o sindicato.

Ademais, a CIG-Ensino defende que a reubicación da escola é un erro, xa que “a escola faise máis necesaria que nunca e por iso o Concello debería prever a súa ampliación, pois a reurbanización residencial fará aumentar a necesidade de prazas infantís como a superficie na contorna”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...