InicioSociedadeA área de Vigo é a única de Galicia na que aumentan...

A área de Vigo é a única de Galicia na que aumentan os ingresos por covid

Hai 122 --cinco máis- en planta e os mesmos, 27, en UCI.

PUBLICADO O

As persoas con Covid-19 hospitalizadas en Galicia volvéronse a reducir con respecto á xornada anterior en 61 e sitúanse en 1.084, delas 228 en UCI. Tamén os casos activos seguen a tendencia descendente e caen en 749 ata os 15.894.

Así se constata nos datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, nos que se reflicte que hai 856 persoas con coronavirus en unidades de hospitalización convencionais, 55 menos que a xornada anterior, e 228 en UCI, seis menos.

Os pacientes ingresados con Covid-19 descenden en seis das sete áreas sanitarias galegas, mentres que na de Vigo, aínda que se manteñen en 27 os hospitalizados en UCI, soben a 122 –cinco máis– os que permanecen noutras unidades.

MENOS CASOS E MENOS CONTAXIOS

Galicia conta a día de hoxe con 15.894 casos activos, o que supón 749 menos que a xornada anterior e máis de 3.350 menos que ao comezo desta semana, na que se mantivo ata o momento a tendencia descendente. Este venres, os casos activos descenden en todas as áreas sanitarias, 2.626 na de Vigo. Deses 648 novos contaxios, 603 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Deles, 91 na área de Vigo.

No que respecta á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– subíu a un 6% tras roldar o 5% a xornada anterior despois de baixar a un 4% o luns por primeira vez desde o 24 de decembro e situarse nun 3,6% este martes. Con todo, colócase de novo por encima do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...