InicioSociedadeBaixa a presión hospitalaria e os novos casos covid na área de...

Baixa a presión hospitalaria e os novos casos covid na área de Vigo

PUBLICADO O

A presión hospitalaria prosegue coa tendencia descendente en Galicia, con 70 pacientes con Covid-19 menos hospitalizados, polo que se sitúan en 1.145, deles 234 en UCI. Pola súa banda os contaxios diarios descenden a 677 e os casos activos baixan a 16.643.

Así se desprende dos datos publicados este xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, nos que se reflicte que os pacientes ingresados en UCI pasaron de 240 a 234 –seis menos– e os que se atopan noutras unidades reducíronse a 911, o que supón 64 menos. Deste xeito, na actualidade hai 1.145 persoas hospitalizadas con coronavirus na Comunidade galega. Por áreas sanitarias,na de Vigo caen nun ata os 27 en UCI e en 18 ata os 117, en planta.

MENOS CASOS E CONTAXIOS

Galicia contabiliza 16.643 casos activos de Covid-19, o que supón 989 menos que os rexistrados este mércores. Deles, 2.758 corresponden á area de Vigo. Dos novos 677 contaxios, 617 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Deles,82 na área de Vigo.

Tamén descenden os contaxios diarios detectados por diferentes probas a 677, tras superar os 700 a xornada anterior. Deste xeito, os contaxiados na Comunidade galega sitúanse en 106.668, deles 25.004 na área da Coruña e Cee e 20.140 na de Vigo.

POSITIVIDADE E VÍTIMAS

Con respecto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– volveu a descender e sitúase nun 4,6%, tras o lixeiro repunte do día anterior despois de baixar a un 4% o luns por primeira vez desde o 24 de decembro e situarse nun 3,6% este martes. Así, colócase por baixo do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...