InicioSociedadeA presión hospitalaria segue alta na área de Vigo tras o ingreso...

A presión hospitalaria segue alta na área de Vigo tras o ingreso de 4 pacientes máis na UCI

Os ingresos en planta subiron en cinco, ata os 166, o total de hospitalizados, e na UCI en catro, ata os 30.

PUBLICADO O

O número de altas volveu a superar ao de novos diagnósticos en Galicia, o que permitiu que os casos activos de covid-19 caian por quinto día consecutivo, ata os 19.966. Con todo, a presión hospitalaria segue sendo moi alta.

Así, os pacientes ingresados con covid-19 volveron a descender lixeiramente en nove, ata colocarse nos 1.274. Con todo, isto débese á baixada rexistrada nas plantas convencionais, onde hai 1.026 persoas –10 menos–, posto que nas unidades de coidados intensivos (UCI) son unha máis que onte, un total de 248.

De feito, a pesar de que cinco das sete áreas sanitarias galegas seguen a tendencia á baixa, aínda hai dúas nas que aumenta a presión hospitalaria. Entre elas está a de Vigo onde subiron en cinco, ata os 166, o total de hospitalizados, e en catro, ata os 30, os que están en UCI.

CASOS ACTIVOS

Tamén a cifra global de casos activos –persoas que aínda padecen a enfermidade– segue coa súa tendencia descendente despois de rozar os 23.000 o pasado 29 de xaneiro. Nos datos deste domingo, Sanidade informa dun total de 19.966 pacientes de covid, 921 menos que unha xornada atrás. No caso de Vigo, a baixada foi de 168 persoas o que deixa o número de contaxiados en 3.301.

NOVOS CASOS DETECTADOS

Os novos casos de covid detectados –por diferentes tipos de probas– tamén descenderon, ata o total de 833 positivos nun día –819 confirmados cunha PCR–, que son 86 menos que os notificados o día previo. En Vigo o descenso foi de 53 casos ata caer aos 103 novos contaxiados.

PCR E POSITIVIDADE

En canto á taxa de positividade en Galicia –porcentaxe de infeccións por PCR realizadas– volveu a subir ata o 7,5%, despois de situarse no 6,4% o sábado. Atopase lixeiramente por encima do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia e leva sen baixar desa cifra desde o 24 de decembro.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...