InicioSociedadeO narcosubmarino interceptado en 2019 en Aldán repousa xa en Ávila

O narcosubmarino interceptado en 2019 en Aldán repousa xa en Ávila

Foi trasladado a Academia Xeral da Policía este xoves.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O narcosubmarino interceptado en novembro de 2019 na ría de Aldán cando transportaba tres toneladas de cocaína chegou este xoves á Escola Nacional de Policía, onde quedará en depósito tras as reparacións oportunas.

O semisumergible, o primeiro de interceptado en Europa, partiu este mércores do porto de Vigo, onde permaneceu 14 meses varado, a bordo dun camión e escoltado por varios vehículos da Policía Nacional, para o seu traslado por estrada ata o centro docente de Ávila.

O traslado contou coa preceptiva autorización xudicial, que decidiu a súa entrega á Policía Nacional. Tras os preceptivos traballos de acondicionamento, a embarcación quedará en depósito no centro docente da Policía Nacional en Ávila.

O narcosubmarino foi interceptado nas costas galegas nunha operación antidroga desenvolvida na ría de Aldán. A embarcación, que transportaba tres toneladas de cocaína distribuída en 152 fardos, era tripulaba por tres narcotraficantes que foron detidos polos investigadores. Xestións posteriores permitiron o arresto doutras catro persoas máis.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...