InicioSociedadeVigo, a área onde máis descenden os casos activos de covi-19 nos...

Vigo, a área onde máis descenden os casos activos de covi-19 nos centros educativos

En números absolutos de casos entre escolares, é a segunda área máis afectada, tras A Coruña.

PUBLICADO O

Os centros educativos galegos rexistran un total de 3.852 casos activos este xoves, o que supón 65 menos que o mércores, segundo os datos feitos públicos pola Xunta. Deste xeito, prodúcese un descenso por segundo día consecutivo, despois dun incremento prolongado durante a terceira onda.

As aulas pechadas tamén baixan a 183 (11 menos que a anterior xornada). Pola súa banda, os centros clausurados en Galicia mantéñense en catro: a escola infantil Cáritas-Tui de Vigo, a municipal de Viveiro, a Jorge Juan de Fene e o centro de educación especial Miño de Ourense (acumulan 17 casos entre os catro).

No tocante a áreas sanitarias, rexístrase un descenso de casos activos en todas menos na de Ferrol, con oito infectados máis (un total de 306), aínda que é a que menos positivos ten en Galicia. Aquí, sobresae o CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume (17).

A área da Coruña segue á cabeza en casos totais (1.036), aínda que hai unha diminución nunha decena. Tamén se reducen as aulas pechadas ata 34, catro menos que o mércores.

Nesta área, os centros con máis casos o CPR Plurilingüe Liceo La Paz (34), CEIP Ponte dos Brozos (30) e IES Manuel Murguía (26).

área de Vigo continúa como segunda con maior incidencia. Anótase a maior baixada en termos absolutos, 30 casos menos, e queda en 689 activos. As aulas clausuradas son 47, seis menos. O CEP Altamira de Salceda de Caselas (24) e o CPI da Cañiza (19) están á cabeza en cifras de contaxiados.

Así mesmo, os centros da área de Santiago computan 548 casos (dous menos) e 22 aulas clausuradas (soben en dúas). Aquí, sobresaen o CPR Plurilingüe La Salle (18), o CEIP A Ramallosa de Teo (16), O CEIP Plurilingüe Monte dos Postes (15) e CPR Plurilingüe San José de Cluny (15).

No caso da área de Pontevedra, os centros contan con 519 casos (11 menos) e 21 aulas pechadas (dúas menos). Destacan o CEIP Plurilingüe Cruceiro de Sanxenxo (26) e o CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Vilagarcía (23).

A seguinte na listaxe é a área de Ourense con 402 positivos (catro menos) e 29 aulas clausuradas (unha menos). Hai especial afectación no CEIP A Ponte con 22 contazios e dúas unidades afectadas.

área de Lugo conta con 352 positivos (16 menos), 12 aulas e unha escola infantil clausurada en Viveiro. Os puntos de maior afectación son o IES Río Cabe de Monforte (26) e o IES Santiago Basanta Silva de Vilalba (19).

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

Luz verde do Consello de Ministros á modificación que permite a conexión de moi alta tensión para Stellantis Vigo

O Consello de Ministros aprobou este martes a modificación puntual ao Plan de Desenvolvemento...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...