InicioSociedadeA covid obriga a suspender a declaración dos profesores da ESAD investigados...

A covid obriga a suspender a declaración dos profesores da ESAD investigados po acoso sexual

A avogada dunha das partes presentou a súa baixa ao ser contacto estreito dunha persoa positiva por COVID-19.

PUBLICADO O

A declaración como investigados por suposto acoso sexual de varios profesores da Escola de Arte Dramática de Galicia (ESAD), con sede en Vigo, quedou suspendida tras a baixa dunha das avogadas, segundo confirmaron a Europa Press fontes xudiciais.

A toma de declaración destes investigados estaba prevista para este mércores no xulgado de instrución número 4 de Vigo, pero a avogada dunha das partes presentou a súa baixa ao ser contacto estreito dunha persoa positiva por COVID-19. Por iso, o xulgado suspendeu estas declaracións.

Esta investigación xudicial partiu das denuncias de varias alumnas do centro educativo por suposto acoso sexual e, a principios de 2020, alumnos e varios profesores iniciaron un calendario de protestas. Segundo sinalou entón unha das docentes, os supostos abusos non foran “episodios puntuais”, xa que tamén exalumnas confirmaran “comportamentos que exceden meros comentarios” e supuñan “violencia contra as mulleres”.

A Consellería de Educación anunciou que abrira un expediente interno para aclarar os feitos, pero quedou en suspenso cando, tras a presentación das denuncias, iniciáronse dilixencias de investigación penal. No entanto, como medida cautelar, os profesores investigados quedaron apartados da docencia.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...