InicioSociedadeMáis de setecentos contaxios en escolas da área de Vigo

Máis de setecentos contaxios en escolas da área de Vigo

A Consellería de Educación indica que se ve unha moderación na suba de positivos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área de Vigo rexistra uns 731 contaxios en centros de ensino, que obrigan a manter 61 aulas e 1 centro pechados. Entre eles, o CPI da Cañiza con 23 positivos e dúas aulas pechadas, o CEP Altamira en Salceda de Caselas con 24 casos e unha aula pechada ou o IES San Paio de Tui, con 18 positivos. Tamén se rexistrou un caso novo no Infantil Cáritas-Tui.

Ante o novo balance de casos, a Consellería de Educación valorou que se empeza a observar unha moderación na subida de positivos en comparación, sobre todo ao comparar o total de casos diarios respecto das cifras da pasada semana. Neste sentido, as autoridades educativas e sanitarias permanecerán á espera de ver se se consolida esa tendencia cara á moderación en próximas datas.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...