InicioSociedadeOs cribados na Cañiza e O Rosal detectan un total de 70...

Os cribados na Cañiza e O Rosal detectan un total de 70 casos positivos de COVID

Foron seleccionadas persoas da franxa de idade comprendida entre 18 e 60 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os cribados realizados nos últimos días nas poboacións da Cañiz e O Rosal detectaron un total de 70 casos positivos de COVID-19, segundo confirmaron fontes da área sanitaria de Vigo.

Fontes sanitarias informaron de que, no caso da Cañiza, participaron nas probas un total de 1.587 persoas, das 2.359 que foron citadas, polo que a participación foi dun 67,2 %. O número de casos positivos detectado foi de 49.

Neste municipio, segundo os datos publicados polo Sergas este martes (e que recollen información ata o día anterior ás 18,00 horas), diagnosticáronse por proba PCR 123 casos positivos nas últimas dúas semanas.

No Rosal, foron citadas para participar no cribado voluntario 2.498 persoas, das que acudiron a facerse as probas 1715 (un 68,6 %). En total, detectáronse 21 casos positivos. Neste municipio da comarca do Baixo Miño foron diagnosticados por PCR 51 casos de COVID nos últimos 14 días.

En ambos os cribados foron seleccionadas persoas da franxa de idade comprendida entre 18 e 60 anos.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...