InicioSociedadeBaixan os casos na área de Vigo pero sobe a presión hospitalaria

Baixan os casos na área de Vigo pero sobe a presión hospitalaria

Aumentan en tres os pacientes en UCI e 12 en planta.

PUBLICADO O

Os casos activos de Covid-19 descenderon a 22.420 en Galicia, o que supón 188 menos que a xornada anterior, a primeira vez que baixan desde hai un mes –a tendencia ascendente mantíñase desde o 2 de xaneiro–. Con todo, os hospitalizados con coronavirus seguen en aumento ata os 1.452, deles 242 en UCI –dez máis que o día anterior–.

Así se desprende dos datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, nos que se constata, así mesmo, que os contaxios diarios baixan do milleiro –que Galicia supera desde a semana seguinte á de Reis–.

En concreto, os casos activos descenden en catro do sete áreas sanitarias de Galicia, entre elas, a de Vigo (3.798). En canto aos pacientes con Covid hospitalizados, aumentaron en 80 con respecto ao domingo, con 242 en UCI –dez máis– e 1.210 noutras unidades –80 máis que a xornada anterior–. Por áreas sanitarias, na de Vigo os ingresados en críticos subiron a 24 –tres máis– e os hospitalizados noutras unidades, a 166 –12 máis–.

CONTAXIOS E FALECIDOS

En canto aos contaxios diarios de Covid-19 detectados en Galicia –por diferentes probas–, sitúanse este luns nos 963, por baixo do milleiro por primeira vez desde a semana seguinte a Reis –a do 11 de xaneiro–, deles 880 confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Deste xeito, ata a data os contaxiados ascenden a 98.075, deles 22.519 corresponden á área da Coruña e Cee e 18.785 á de Vigo.

TAXA DE POSITIVIDADE

No relativo á taxa de positividad, esta descendeu significativamente con respecto á xornada anterior a case un 6,8 por cento, fronte ao 9,6% do domingo, pero mantense por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia e do que Galicia non baixa desde o 24 de decembro.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...