InicioSociedadeRetencións na entrada de Portugal pola A-55 en Tui, no primeiro día...

Retencións na entrada de Portugal pola A-55 en Tui, no primeiro día laborable do novo peche de fronteiras

No resto de postos abertos en Salvaterra e Verín non se rexistran problemas.

PUBLICADO O

O novo peche da maioría de pasos fronteirizos entre Portugal e Galicia concentrou o tráfico de acceso a territorio luso nos dous únicos pasos habilitados na provincia de Pontevedra (Tui pola autovía A-55 e Salvaterra) e no único en Ourense (Verín). No caso de Tui, a Dirección Xeral de Tráfico confirmou que se están producindo retencións desde primeira hora da mañá deste luns.

Así, Tráfico informou de dous quilómetros de retencións na A-55, entre o quilómetro 29 e 31 da vía, en dirección á localidade lusa de Valença. A apertura deste paso fronteirizo está autorizada 24 horas os 7 días da semana, aínda que só se permite cruzalo por causas xustificadas (entre elas, para os traballadores transfronteirizos).

A entrada a Portugal pola ponte que une Salvaterra e Monçao permanecerá aberta só de luns a venres, de 8,00 a 10,00 horas e de 19,00 a 21,00 horas. Nese caso, a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, que expresou o seu desacordo co horario restrinxido de apertura da ponte, confirmou que non se produciron incidentes nin retencións, e que foron moi poucos os vehículos que “se tiveron que dar a volta” por non cumprir os requisitos para poder cruzar a Monçao.

Do mesmo xeito, no outro paso fronteirizo aberto 24 horas e 7 días entre Galicia e Portugal, o de Verín-Chaves, o tráfico permitido está a circular con normalidade, segundo fontes da Garda Civil.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...