InicioSociedadeA covid-19 avanza imparable nas aulas

A covid-19 avanza imparable nas aulas

Os centros educativos galegos suman un novo máximo na pandemia con 3.725 positivos e 184 aulas pechadas. Na área de Vigo sitúanse en 684 contaxios, unha decena máis nun día.

PUBLICADO O

Os centros educativos galegos superaron un día máis o máximo de contaxios rexistrado en todo o curso. Os positivos por COVID-19 nestas instalacións alcanzan xa os 3.725, case un cento máis que o venres e preto de mil máis que hai unha semana. Esta situación obriga a manter pechadas polo menos 184 aulas por decreto da autoridade sanitaria, unhas 24 máis, ademais dun total de sete escolas infantís e un centro de educación especial.

Os centros da área de Vigo, pola súa banda, sitúanse en 684 contaxios, unha decena máis, ademais dunhas 57 unidades e unha escola clausuradas. 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...