InicioSociedadeMoción contra o edil do BNG de Redondela por "expresións machistas" cara...

Moción contra o edil do BNG de Redondela por “expresións machistas” cara a unha compañeira

Segundo a Agrupación de Electores de Redondela, o concelleiro díxolle á portavoz da propia agrupación, Susana Couñago, "como ten que actuar 'como muller'".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) levará ao próximo pleno do Concello de Redondela unha moción para pedir a reprobación e rectificación pública do portavoz do BNG no municipio, Xoán Carlos González, polas “lamentables palabras machistas” empregadas polo edil no anterior pleno. No entanto, el defendeu que as súas palabras foron “malinterpretadas”.

Segundo AER, durante a anterior sesión plenaria o concelleiro díxolle á portavoz da agrupación, Susana Couñago, “como ten que actuar “como muller”” e, pese ao malestar expresado na propia sesión pola tamén concelleira, “o portavoz do BNG optou por non dar explicacións sobre a súa desafortunada frase”.

Ante estas circunstancias, a agrupación municipal presentou unha moción que se debaterá no pleno deste xoves, a partir das 20:00 horas, para pedir a reprobación do edil e esixirlle “unha rectificación pública polas devanditas expresións”.

En declaracións a Europa Press, Xoán Carlos González asegurou que as súas palabras se circunscriben a “un contexto de debate político” concreto -un debate sobre as remuneracións das horas extra dos traballadores municipais- e foron “extraídas e malinterpretadas” por parte de AER, que a partir delas, criticou, “monta unha campaña que tenta desgastar ao portavoz municipal do BNG de Redondela”.

“Nin antes, nin agora, nin despois considerei a Susana unha muller que non desenvolvese o seu traballo político como é o esperado; non compartimos moitas cousas, pero non houbo en ningún momento pola miña banda intencionalidade de adoptar actitudes machistas nin de prepotencia con ela“, recalcou.

Neste contexto, tras reclamar a apertura dun novo espazo de diálogo e debate cos grupos que están “a apoiar un goberno de progreso en Redondela”, concluíu que espera “que este malentendido se aclare no pleno e -poidan- seguir traballando polas veciñas e veciños de Redondela”.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...