InicioSociedadeSuspenden en Vigo un xuízo contra un acusado de abuso sexual a...

Suspenden en Vigo un xuízo contra un acusado de abuso sexual a unha menor

A Fiscalía pide 12 anos de prisión para o acusado.

PUBLICADO O

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, suspendeu o xuízo contra un home para o que a Fiscalía solicita unha pena de 12 anos de prisión como presunto autor de dous delitos continuados de abuso sexual a unha menor.

A vista, prevista para a mañá do 27 de xaneiro, non chegou a celebrarse debido a que o acusado non estaba citado. No entanto, acordouse uunha nova data para a próxima semana, o 4 de febreiro, ás 10:00 horas.

Tal e como consta no escrito de Fiscalía, desde finais de 2011 ata finais de 2014, o acusado residía coa familia da menor e, “con afán de satisfacer o seu ánimo lúbrico, de maneira habitual presentábase polas noites na habitación da menor e realizáballe tocamentos“. Por iso, a menor padeceu permanentes sentimentos de medo e culpabilidade durante os anos nos que sufriu os feitos expostos.

Por estes motivos, a Fiscalía solicita para o home unha pena de 12 anos de prisión, a prohibición de que se comunique e se aproxime nun radio de 1 quilómetro á menor durante 14 anos, e que lle pague unha indemnización de 6.000 euros polos danos morais causados.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...