InicioSociedadeVarios políticos entre eles Feijóo, Yolanda Díaz ou Garzón trasladan o seu...

Varios políticos entre eles Feijóo, Yolanda Díaz ou Garzón trasladan o seu pésame polo falecemento do alcalde de Cangas

O alcalde de Cangas era mestre de profesión e foi tamén actor, director e autor teatral, por este motivo tamén a Asociación de Actores e Actrices de Galicia e autores como Suso de Toro dedicaron unhas palabras ao rexedor pola súa traxectoria e achegas no ámbito da cultura.

PUBLICADO O

Diversos cargos políticos trasladaron nas últimas horas as súas condolencias polo falecemento do alcalde de Cangas , Xosé Manuel Pazos, ao que recoñeceron pola súa traxectoria na política e a cultura e ao que definiron como unha persoa “profundamente comprometida”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou o falecemento do rexedor a través das redes sociais, nunha publicación na que puxo en valor que Pazos “deixa unha vida de servizo público, dedicada a mellorar o benestar dos seus veciños e o seu concello”.

De igual maneira, a ministra de Traballo e Economía e excoordinadora de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, destacou que “os valores solidarios dá a esquerda e da xustiza social alimentaron sempre a vida e a andaina política de Xosé Manuel Pazos”. “Doe dicirlle adeus a tanta sabedoría e bondade”, rematou.

Pola súa banda, o ministro de Consumo e coordinador xeral de Esquerda Unida, Alberto Garzón, cualificou a Pazos como “un exemplar defensor dos dereitos da clase traballadora”. Así mesmo, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, puxo en valor a figura de Pazos polo seu traballo en favor de “a unidade das forzas de esquerdas”.

Tamén o alcalde de Vigo, Abel Caballero, en rolda de prensa este martes lembrou que coñeceu a Pazos “alá polos anos 1996-1997 con ocasión dunhas eleccións autonómicas” tras o que fixeron amizade “porque era un home namorado da boa política” e “un home bo”. “Fóisenos un gran político, un gran alcalde e unha gran persoa”, concluíu.

A corporación da Deputación de Pontevedra expresou tamén as súas “condolencias e enorme pesar” polo falecemento deste “gran servidor público” e a Marea de Vigo recoñeceu que nin a propia formación “nin outras moitas expresións de unidade política e electoral fosen posibles sen o maxisterio e exemplo de persoas como Xosé Manuel Pazos”.

O alcalde de Cangas era mestre de profesión e foi tamén actor, director e autor teatral, por este motivo tamén a Asociación de Actores e Actrices de Galicia e autores como Suso de Toro dedicaron unhas palabras ao rexedor pola súa traxectoria e achegas no ámbito da cultura.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Vallejo Torres toma posesión como novo fiscal xefe de Vigo, co compromiso da protección “aos máis vulnerables”

Óscar Vladimir Vallejo Torres tomou este venres posesión do seu cargo como novo fiscal...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...