InicioSociedadeSeguen aumentando os contaxios de covid-19 no centro de discapacidade en Crecente

Seguen aumentando os contaxios de covid-19 no centro de discapacidade en Crecente

Nuestra Señora Fátima y Cristo Rey de Crecente suma xa 41 infectados tras 16 novos positivos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os usuarios de residencias contaxiados con Covid-19 en Galicia descenderon lixeiramente ata os 457 tras detectarse 26 novos positivos –oito deles na DomusVi Carballo e seis na miña Casa de Ferrol-– e recibir o alta 30 residentes –12 deles nun centro en Verín–. Pola súa banda, aumentan nos centros de atención á discapacidade, tras 16 positivos detectados no Nuestra Señora Fátima y Cristo Rey en Crecente.

Así consta na actualización de datos das consellerías de Política Social e Sanidade, na que se indica que se detectaron, ademais dos oito positivos de Carballo e seis de Ferrol; outro seis na residencia Santa María de Verín; tres na Residencia de Vilardevós; outro no Pai Rubinos da Coruña e outro nas Residencias de Maiores de Burela.

A residencia con máis usuarios con Covid en Galicia é a DomusVi Carballo con 74; seguida da Quercus de Leiro con 69; mentres que a Nosa Señora do Carme de Sarria sitúase con 47 e a Residencia de Ribeira, con 43.

Entre os traballadores con Covid en residencias, detectáronse sete positivos: tres na Residencia de Vilardevós; dous na Santa María de Verín; un na Residencia San José de Ourense e outro no Pai Rubinos da Coruña.

Entros os centros con máis casos entre os seus traballadores sitúanse a Residencia Paz y Bien de Tui (26); DomusVi Carballo (21); Residencia da Pastoriza (23); a Quercus de Leiro (15).

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Nos centros de atención á discapacidade (CAPD) de Galicia, soben a 96 os usuarios contaxiados, tras detectarse 12 positivos na Casa para persoas con discapacidade de Nuestra Señora Fátima y Cristo Rey de Crecente e catro na Residencia Pai Menni de Betanzos.

Deste xeito, a Residencia Adultos Pai Menni de Betanzos rexistra 52 positivos; a de Crecente, 41; aos que se suman un na Residencia do Imserso en Bergongo, outro na DomusVi Bóveda e outro na Ricardo Baró de Oleiros.

En canto aos traballadores destes centros, soben a 43 o contaxiados –cinco máis que este domingo–, tras detectarse un positivo na Pai Menni de Betanzos e catro no centro de Crecente.

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...