Cinco falecidos pola covid en Vigo, o número máis alto de todas as cidades galegas

En toda Galicia houbo 16 novas vítimas pola pandemia.

Unha ambulancia acode a unha emerxencia / EP

O luns a Xunta informou de 24 falecidos, o martes de 14 e este mércores de 16. En total son 54 as vítimas reportadas nos últimos días –1.564 falecidos en total–, un número que volve lembrar aos peores momentos desta pandemia. Nas últimas 24 horas decreceu a presión sobre a provincia da Coruña e, particularmente, das áreas de Ferrol e A Coruña, que non rexistraron falecidos, pero aumentou en Santiago.

A área sanitaria máis afectada foi, nesta ocasión, a de Vigo. Alí morrreron cinco persoas, tres deles, no CHUVI. Trátase de dous homes de 77 e 83 anos e dunha muller de 96 que procedía da residencia paz y Bien de Tui. Tamén faleceron outros dous varóns de 86 e de 56 anos en Povisa. 

 Segundo informa o Sergasna capital galega morreron tres persoas no CHUS. Trátase dun home de 90 anos e de dúas mulleres de 84 e 85. Tamén na provincia da Coruña faleceu unha muller de 91 anos na residencia DOMUSVI de Vimianzo. 

Tamén en Ourense se rexistraron catro falecidos nas últimas horas, dúas delas, un home de 88 anos e unha muller de 89 no CHOU e as dúas restantes, dúas mulleres de 80 e 87 anos, na residencia Santa María de Verín. 

Finalmente, o Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) rexistrou dous falecidos; un home de 80 anos e unha muller de 81 e o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo outro home de 95 anos procedente da residencia A Pastoriza. Todos os falecidos tiñan patoloxías previas e catro deles eran usuarios de residencias de anciáns.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here