InicioSociedadeO Concello de Ponteareas faise viral cun vídeo sobre refráns populares

O Concello de Ponteareas faise viral cun vídeo sobre refráns populares

Acumula máis de 11.000 visitas en poucos días.

PUBLICADO O

Novo éxito viral? Un vídeo sobre o refraneiro popular creado polo Concello de Ponteareas vén de acadar nada menos que 5.000 reproducións en apenas 5 días. A peza, elaborada pola Concellaría de Cultura e subida á páxina de Facebook do consistorio, saíu á luz o venres pasado. Dende entón, e segundo datos do consistorio, chegou xa a máis de 11.000 persoas logo de ser compartido por máis de 100 contas.

A iniciativa en cuestión naceu como unha campaña que a nomeada concellaría botou a andar no pasado mes de novembro para fomentar o coñecemento dese refraneiro que hoxe corre perigo de se perder. Tal e como explican dende o consistorio, o obxectivo da iniciativa pasaba por compartir “esas doses de sabedoría ancestral popular” que hoxe collen forza nas redes sociais.

O resultado desta iniciativa foi avanzando –e gañando en riqueza– conforme pasaban os meses. “Comezou como unha actividade pequena para ir mantendo a programación cultural nestes tempos complicados para a actividade presencial e comeza a se converter nunha das nosas iniciativas máis secundadas dos últimos meses” comenta o concelleiro de Cultura Fernando Groba Bouza. Podes acceder ao vídeo en cuestión neste enlace.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...