InicioSociedadeCatro mortos en Vigo e 24 en toda Galicia pola Covid

Catro mortos en Vigo e 24 en toda Galicia pola Covid

A provincia máis afectada e A Coruña. Alí son 17 os falecidos.

PUBLICADO O

A terceira onda entrou xa de cheo en Galicia, e xa non só en número de casos de contaxiados, senón en número de falecidos, con cifras que lembran as peores rexistradas no país pola Covid. En total, a cifra de falecidos en toda Galicia nos últimos días foi de 24, deles 11 procedentes de residencias. Catro das vítimas faleceron na área sanitaria de Vigo. 

A Consellería de Sanidade, incorporou neste reconto a vítimas que faleceron en distintos días, desde o pasado 14 de xaneiro ata este mesmo luns, 18 de xaneiro, a pesar de que diariamente aporta información ao respecto. Precisamente, este domingo eran nove os falecidos reportados. 

Na área sanitaria de Vigo os falecidos foron catro. Trátase dun home de 82 anos que morreu o día 17 no CHUVI. Tamén no hospital vigués morreu un home de 66 anos o día 17 que procedía da residencia Paz e Ben de Tui. Tamén faleceu un home de 63 anos no hospital Vithas Fátima de Vigo o día 15 e unha muller de 93 anos na residencia integrada Bo Día Sagunto de Vigo o día 14. Procedía da residencia Moledo de Vigo. 

Pero, a peor provincia é a da Coruña e, especialmente, as cidades da Coruña e Ferrol. Na primeira delas morreron cinco persoas. Trátase dunha muller de 92 anos no CHUAC o día 18, un home de 86 anos no CHUAC día 16, outro de 87 anos no CHUAC o día 17, unha muller de 92 anos na residencia Santa Teresa de Jornet o día 17 e un home de 81 anos na mesma residencia o día 18. 

Na área sanitaria de Ferrol son catro os falecidos, un home de 79 anos o día 17, outro de 88 anos  o día 15, unha muller de 84 anos o día 18 e outra de 91 anos o día 17. Todos eles no CHUF. Pola súa banda, no CHUS de Santiago morreu un home de 87 anos o día 18, outro de 61 o día 17 e unha muller de 74 anos tamén ese mesmo día. 

Ademais, na provincia coruñesa rexistraronse outros catro falecementos en residencias. Un home de 84 anos na residencia de maiores de Ribeira o día 17 e outro de 83 anos na residencia integrada CEGADI de Santiago o día 17 que procedía da residencia de maiores de Ribeira. Tamén morreu unha muller de 90 anos na residencia DomusVI de Vimianzo o día 17 e outra de 94 anos na mesma residencia o día 16. 

A xornada deste luns, 18 de xaneiro, taménd feixa dous falecidos de Lugo. Trátase dun home de 87 anos na residencia integrada CEGADI de Santiago o día 17 que procedía da residencia San Bartolomeu de Xove e unha muller de 83 anos na residencia San Bartolomeu de Xove o día 15. Finalmente, tamén se rexistrou a morte dunha muller de 57 anos o día 18 no CHOP de Pontevedra e unha muller de 91 anos na Residencia de Maiores Santa María de Verín o día 17. Todos os falecidos, agás a muller de 57 anos, tiñan patoloxías previas.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...