InicioSociedadeGran aumento da presión hospitalaria en Vigo pola covid

Gran aumento da presión hospitalaria en Vigo pola covid

Hai 21 novos hospitalizados, deles dous na UCI.

PUBLICADO O

A incidencia da pandemia da covid-19 en Galicia continúa disparando a presión hospitalaria, despois de que nas últimas 24 horas se rexistraran 84 novos ingresos, ata alcanzar a cifra de 739 en total. De todos eles, 104 están en unidades de coidados intensivos (UCI), seis máis que un día atrás.

Ademais, de acordo cos datos actualizados na mañá deste luns na web da Consellería de Sanidade, os positivos por coronavirus detectados diariamente mantéñense por encima do milleiro, aínda que descenderon nuns 200. En concreto, Galicia sumou outros 1.025 contaxiados, 890 confirmados cunha PCR, nas últimas 24 horas.

No que respecta á presión hospitalaria, a área sanitaria de Vigo experimetou ascensos importantes. A viguesa sumou 21 hospitalizacións máis nun día, ata colocarse en 105 pacientes, 20 deles (+2) en UCI.

NOVOS CONTAXIOS DIARIOS

Así mesmo, a web de Sanidade tamén recolle que desde o inicio da pandemia contaxiáronse 77.279 persoas de coronavirus, das que 1.025 tívose constancia nas últimas 24 horas (890 confirmados por PCR), polo que o crecemento continúa por encima do milleiro diario.

A área de Vigo é a segunda con máis casos, con 154 (133 por PCR), mentres que a primeira é a da Coruña, con case 300 e terceira é Santiago-Barbanza, con 140 máis (117 por PCR).

PCR E POSITIVIDADE

Ademais, Sanidade reflicte que nas últimas 24 horas practicáronse 8.879 PCR (1.250.540 desde o inicio da crise sanitaria), un descenso de 630 con respecto á xornada previa. En Vigo, a taxa de positividade é lixeiramente superior ás recomendacións da OMS, un 5,7%.

CASOS ACTIVOS, OUTRA MARCA

No que respecta aos casos activos, é dicir, persoas que están enfermas de covid-19 nestes momentos, o cómputo global en Galicia continúa batendo a súa propia marca e sitúase en 13.252 pacientes tras subir en 744 en 24 horas. En Vigo hai 2.452 (+119).

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...