InicioSociedadeUnha nova vítima por Covid en Vigo procedente da residencia de Tui

Unha nova vítima por Covid en Vigo procedente da residencia de Tui

Na provincia da Coruña houbo sete mortes.

PUBLICADO O

O Chuvi rexistrou este domingo a morte dunha muller de 89 anos que procedía da Residencia Paz y Bien de Tui. É a única vítima rexistrada nas últimas horas na área sanitaria de Vigo nun día na que a provincia da Coruña é a máis afectada

Alí xa se comezou a notar xa o incremento da presión hospitalaria pola covid e, de feito, é a que máis mortes está a rexistrar por mor da pandemia. Só nas últimas horas faleceron sete pesoas. Delas, dous homes de 74 e 85 anos no Chus de Santiago. Tamén faleceron outras dúas persoas, unha muller de 84 e un home de 88 no Chuf de Ferrol que este sábado tivo que derivar pacientes covid ao Lucus Augusti de Lugo polo aumento da presión hospitalaria.

No Chuac da Coruña tamén faleceron un home de 94 anos e unha muller de 93 e no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee un home de 92. Todas as vítimas tiñan patoloxías previas. Con estes nove son xa 1.512 os falecidos pola covid en Galicia. 

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...