InicioSociedadeCribado voluntario entre os maiores de 15 anos de Bueu

Cribado voluntario entre os maiores de 15 anos de Bueu

Este venres, entre as 8,30 e as 18,30 horas, os equipos profesionais entregarán miles de botes para recollida de mostras de saliva aos cidadáns citados.

PUBLICADO O

A Consellería de Sanidade realizará desde este venres e ata o luns en Bueu  unha campaña de cribado voluntario preventivo de detección da covid-19 entre maiores de 15 anos, de face a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos.

Segundo fontes da área sanitaria, 9.915 usuarios de cartón sanitario de Bueu son maiores de 15 anos. Deles, 8.167 habitantes teñen entre 15 e 70 anos —colectivo ao que se lle efectuará voluntariamente o cribado con test de saliva— e outras 1.748 persoas teñen máis de 70 anos –grupo poboacional ao que se lle efectuará voluntariamente unha mostra nasofaríngea–.

Os criterios da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés para realizar este cribado á poboación de Bueu estiman que se efectúe de maneira voluntaria só a cidadáns de 15 ou máis anos, con cartón sanitario activa e centro de saúde asignado en Bueu, que non sexan persoal de residencias, que non teñan un PCR postitiva no últimos tres meses e que dispoñan dun teléfono móbil ao que poderlles enviar un SMS de citación e o resultado da súa proba.

Para levar a cabo esta iniciativa, entre este venres e o vindeiro luns, a Administración Sanitaria Pública galega contará no aparcadoiro dos xardíns Urbano Lugrís de Bueu cun persoal de 13 profesionais, coordinados por un médico, que realizarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, entrega de botes para as mostras de saliva, controis da realización das tomas nasofaringeas e información aos usuarios.

Este venres, entre as 8,30 e as 18,30 horas, os equipos profesionais entregarán miles de botes para recollida de mostras de saliva aos cidadáns citados. Dita entrega continuará o sábado 16 e o domingo 17 de xaneiro co mesmo horario de actividade, cando tamén se recollerán as mostras dos tubos entregados os días anteriores, que se enviarán ao servizo de Microbiología do Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo para a súa análise.

Tamén o domingo 17 e o luns 18 de xaneiro prevese efectuar neste punto de cribado máis recollidas de botes con mostras de saliva e tomas nasofaríngeas á poboación budetense de máis de 70 anos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...