InicioVal MiñorBaionaO xuízo contra o acusado de violar a unha muller en Bueu...

O xuízo contra o acusado de violar a unha muller en Bueu suspendido por un posible caso de covid

A vista queda aprazada para os días 9, 10 e 11 de marzo despois de que un dos avogados avisase de que tiña algo de febre

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra suspendeu o xuízo previsto para este martes a un veciño de Bueu e residente en Marín acusado de violar, agredir e roubar a unha muller de 75 de anos tras entrar na súa vivenda.

O tribunal decidiu a suspensión da vista despois de que un dos avogados avisase á primeira hora da mañá de que tiña algo de febre. Esta circunstancia activou os protocolos de seguridade ante un posible caso de coronavirus e inmediatamente avisouse ao resto das partes.

O acusado fora conducido ata a Audiencia de Pontevedra desde a prisión da Lama, onde se atopa ingresado desde o momento da súa detención en novembro de 2017. Así, o xuízo volveu a quedar sinalado para os días 9, 10 e 11 de marzo.

A Fiscalía pide que este home sexa condenado a 15 anos de cárcere por agresión sexual, dúas por un delito de lesións e catro por un delito de roubo con violencia. Tamén reclama unha indemnización superior aos 8.000 euros polas lesións causadas e as secuelas psicofísicas que provocou na vítima, ademais da devolución dos 1.250 euros que roubou.

MARZO DE 2017

Segundo recolle o escrito de acusación do Ministerio Público, os feitos que se van a xulgar na Sección Segunda da Audiencia Provincial tiveron lugar na madrugada do 3 ao 4 de marzo de 2017 na vivenda da muller, na localidade pontevedresa de Bueu.

O relato da Fiscalía apunta que o acusado, tras fracturar os cristais e os barrotes da porta traseira da vivenda da vítima, subiu polas escaleiras e entrou na habitación na que esta durmía. A muller, que vivía soa no domicilio, viuse sorprendida polo seu asaltante, que vestía roupa escura e ía tapado por un pasamontañas, cando o home acendeu a luz da habitación.

Tras sacarlle o pixama á forza e pegarlle cinta illante na boca e na cabeza, o acusado tapoulle a cara coa roupa da cama e atouna de mans e pés, segundo explica o fiscal, para a continuación agredila en reiteradas ocasións e violala.

Antes de irse, o agresor colleu os 1.250 euros que a septuaxenaria tiña no seu bolso e, para evitar que esta pedise auxilio de inmediato, tirou o seu teléfono móbil ao lixo e abandonou a vivenda tras cortar a cinta coa que lle atara os nocellos.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...