Morre pola covid unha muller que estaba en planta en Povisa

Un traballador sanitario realiza un traslado dun paciente con covid / EP

As mortes pola pandemia elévanse a 1.441 en Galicia despois da notificación por parte das autoridades sanitarias de cinco novos falecementos con covid-19 nas últimas horas, os mesmos que hai 24 horas Todas as persoas presentaban patoloxías previas. Unha delas faleceu en Vigo.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, dúas persoas morreron na Coruña, un home de 95 anos no CHUAC e unha muller na residencia Santa Teresa de Jornet. Tamén faleceu outra muller de 84 anos na residencia San Bartolomé de Xove.

Por outra banda, tamén morreu un home de 80 anos no CHUF de Ferrol e unha muller de 93 que estaba ingresada en Planta, e non na UCI, en Povisa.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here