InicioSociedadeO Concello de Ponteareas en alerta tras un aumento de casos

O Concello de Ponteareas en alerta tras un aumento de casos

O concello pide a colaboración cidadá para evitar as propagacións

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Ponteareas pediu a colaboración da cidadanía ante o aumento de casos no municipio. Segundo informa, ata o xoves, o número elevábase a 33 en total.

A alcaldesa en funcións e concelleira de Saúde, Cristina Fernández Davila, traslada a súa preocupación por esta subida “despois de baixar aos 21 e manterse desde o 28 de decembro ata o día de Reis”.

Aínda que asegura que este tres días con maior incidencia non é “representativo”, tras estar desde o 28 de decembro “entre 21 e 24 casos”, apela aos veciños para que non baixen a garda e actúen “con responsabilidade”. Por iso, ínstaos a “extremar as medidas de seguridade e hixiene”, á vez que recomenda non achegarse a poboacións con peche perimetral.

“Frear os contaxios é cousa de todos e todas”, incide nun comunicado no que recomenda non saír do concello “agás que sexa imprescindible, para poder reducir o número de contaxios e non ter que volver a restricións e sufrir consecuencias sanitarias non desexadas”.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...