InicioSociedadeUn vixiante de seguridade fóra de servizo evita unha agresión a usuarios...

Un vixiante de seguridade fóra de servizo evita unha agresión a usuarios e persoal do hospital Povisa

UGT critica que o responsable de seguridade do hospital "limitouse a minimizar os feitos, desprezando o labor realizado por esta persoa".

PUBLICADO O

Un vixiante de seguridade que se atopaba fóra de servizo evitou unha agresión a usuarios e persoal do hospital vigués Povisa, segundo informou a Federación de Servizos de UGT na cidade.

Os feitos ocorreron na tarde do pasado luns, cando este traballador se atopaba cun familiar no centro sanitario e presenciou como un individuo “nun estado moi alterado e agresivo” tentaba agredir a outros usuarios e a persoal de Povisa. O vixiante interveu para reducir a esta persoa, ata a chegada das forzas e corpos de seguridade.

A Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo da UGT denunciou as “carencias” que hai en centros sanitarios con respecto a medidas de seguridade.

Así mesmo, criticou a actitude do responsable de Seguridade de Povisa que, segundo o sindicato, “lonxe de agradecer á intervención” deste vixiante, “limitouse a minimizar os feitos, desprezando o labor realizado por esta persoa”.

UGT quixo recoñecer a este vixiante e pór en valor o labor do colectivo de traballadores de seguridade privada, á vez que reclamou que os responsables de centros sanitarios, públicos ou privados, adopten “dunha vez por todas” as medidas necesarias para protexer tanto a persoal como a usuarios e os seus familiares.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...