InicioSociedadeOs efectos do Nadal: a área de Vigo triplica xa a taxa...

Os efectos do Nadal: a área de Vigo triplica xa a taxa de positividade recomendada pola OMS

A taxa é do 17%, cando a Organización Mundial da Saúde recomenda un 5%.

PUBLICADO O

As cifras da pandemia empeoran en Galicia este xoves en todos os parámetros. Un día despois do fin das festas do Nadal, soben os ingresados, os positivos diarios e os casos activos. Todo iso nunha xornada na que a taxa de positividad roldou o 10% das case 8.000 probas realizadas en 24 horas. Unha taxa de positividade que en Vigo é case do 17%, máis de tres veces o recomendado pola OMS.

Todo iso extráese do balance de datos da pandemia que publica na mañá deste xoves a web da Consellería de Sanidade, que apunta un incremento de 20 pacientes máis hospitalizados no conxunto das áreas sanitarias galegas, aínda que o número de persoas en UCI mantense en 57.

Dos 639 novos positivos detectados nas últimas 24 horas, as áreas de Vigo, A Coruña e Santiago achegan a maioría dos contaxios. Así, foi na zona de influencia da cidade olívica onde se deron máis diagnósticos con 181 casos –91 máis-

Na actualización de datos da pandemia destaca o incremento das hospitalizacións respecto da xornada anterior. Hai agora 419 persoas ingresadas con covid-19 nos hospitais galegos, 20 máis que un día atrás; aínda que a pacientes UCI mantéñense en 57. En Vigo hai  59 novos casos (+5) con 14 pacientes críticos (+1).

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...