InicioSociedadeTres novos positivos de covid-19 na residencia Moledo de Vigo

Tres novos positivos de covid-19 na residencia Moledo de Vigo

En total, son once os contaxiados neste centro de maiores.

PUBLICADO O

Os casos de covid-19 en usuarios de residencias galegas descende de forma mínima este sábado ao producirse tres novos positivos, tres altas e un falecido que deixan o cómputo global en 134, un menos que hai 24 horas. Así se desprende do parte da Consellería de Política Social deste sábado con datos solicitados ata o venres. 

En concreto, súmanse ao total de usuarios afectados tres residentes no centro Moledo de Vigo. Pola súa banda, saen do cómputo por negativizar tres usuarios das residencias CRAPD Vigo 2, San Bartolomeu de Xove e Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo.

Así mesmo, hai que descontar do total de casos a un usuario, un home de 83 anos, da residencia DomusVi de Vimianzo que faleceu nas últimas horas no propio centro.

É, precisamente, esta residencia a que maior número de usuarios afectados ten. A DomusVi Vimianzo contabiliza un total de 57 casos de covid-19. Séguelle a residencia San Bartolomeu de Xove, con 15; a residencia hospital asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo, con 12, e a Moledo de Vigo, con 11.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...