InicioSociedadeVigo rexistra o único morto pola covid este domingo en Galicia

Vigo rexistra o único morto pola covid este domingo en Galicia

Faleceu en Povisa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade notificou na xornada deste domingo un único falecido por coronavirus, o que implica a menor cifra de mortos diarios desde o pasado 24 de outubro, hai máis de dous meses.

En concreto, a nova vítima rexistrouse no Hospital Povisa de Vigo. Trátase dunha muller de 82 anos que fora diagnosticada de covid-19 e que contaba con patoloxías previas.

Con ela, o cómputo global de mortos que deixa a pandemia do coronavirus na Comunidade galega elevouse a 1.370.

O feito de que Sanidade soamente notificase un falecemento por coronavirus significa que este domingo, precisamente o día no que Galicia e a Unión Europea iniciou a campaña de vacinación contra a covid-19, é a xornada de menor falecidos desde o 24 de outubro.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...