InicioSociedadeMorre unha muller en Vigo por covid

Morre unha muller en Vigo por covid

PUBLICADO O

Consellería de Sanidade notificou na tarde deste martes catro novas mortes por coronavirus, polo que o total de vítimas que deixa a pandemia en Galicia ascendeu a 1.350. Unha delas en Vigo.

En concreto, dous destes falecementos rexistráronse no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e trátase dun home de 88 anos e unha muller de 83.

Ademais, perderon a vida unha muller de 95 anos que permanecía ingresada con covid-19 no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo e outra de 83 no Hospital Povisa de Vigo. Todos eles presentaban patoloxías previas, segundo confirmou a Consellería de Sanidade.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...