A Consellería de Sanidade notificou este xoves cinco mortes con coronavirus –todas con patoloxías previas– en Galicia nas últimas horas. Desta forma, o total de falecidos desde o comezo da pandemia ascende a 1.332.
Dúas das mortes están relacionadas con residencias. Por unha banda, unha muller de 84 anos falecida no Chus de Santiago, que procedía da residencia de Vilalba (Lugo). Ademais, faleceu unha muller de 89 anos na residencia Vila do Conde de Gondomar.
Os outros óbitos comunicados este xoves son os de tres homes: de 83 anos (no CHUO de Ourense), 92 anos (no Chuac da Coruña) e de 81 anos (no Chuac). Estas cinco defuncións comunicadas superan ás do martes desta semana –catro– e o mércores –catro–, aínda que son menos que as do pasado luns –sete–.