InicioSociedade1,2 millóns para un seguro médico gratuíto para os turistas contaxiados en...

1,2 millóns para un seguro médico gratuíto para os turistas contaxiados en Galicia

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia deu luz verde ao comezo dos trámites para crear un Seguro Coronavirus, ao que destinará 1,2 millóns de euros, para cubrir os gastos que os viaxeiros aloxados en establecementos turísticos de Galicia teñan que afrontar se se contaxian da covid-19 en Galicia.

Na rolda de prensa posterior ao Consello, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que o Goberno galego ha aprobado este xoves o inicio do expediente que culminará coa licitación do contrato para ofrecer este servizo, que estará en marcha un ano, desde finais do primeiro trimestre de 2021.

Segundo explicou Rueda, este seguro será gratuíto para os usuarios, que poderán activalo unha vez que se contaxien. Entre outros requisitos, os viaxeiros deberán estar aloxados en calquera tipo de establecemento turístico de Galicia e contaxiarse do virus na propia Comunidade autónoma.

Deste xeito, cubriranse custos médicos, farmacéuticos ou derivados da realización de corentenas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...