InicioSociedadeVolven dispararse os casos na área de Vigo que acumula un terzo...

Volven dispararse os casos na área de Vigo que acumula un terzo dos novos contaxiados

PUBLICADO O

Galicia sumou 324 novos positivos por covid-19 nun día, o que implica unha repunta con respecto aos 255 notificados a xornada anterior. Ademais, a taxa de positividade das PCR volveu a subir ata colocarse no 5,4%, cando 24 horas atrás era do 2,3%. E nesta suba, Vigo rexistra un forte incremento, de case un terzo do total de casos.

Por áreas sanitarias, a da Coruña-Cee mantense como a área sanitaria con maior número de hospitalizados con coronavirus con 91, un máis que hai 24 horas. Deles, 13 están en UCI –una menos–. Detrás da coruñesa está a área de Vigo, que presenta unha lixeira baixada respecto ao número ingresados que había fai 24 horas. Ten agora 72 pacientes hospitalizados –un menos–, repartidos en unidades convencionais –60, dúas menos– e en UCI –12, un máis–.

REPUNTAN OS POSITIVOS DIARIOS

En canto á detección de casos, Galicia diagnosticou de covid-19 nas últimas 24 horas a 324 persoas, 69 máis que un día atrás. En total, levaron a cabo 7.471 probas PCR, unha caída de medio milleiro con respecto ás dunha xornada atrás.

A área sanitaria de Vigo é a que achega máis dun terzo dos novos casos de coronavirus, cun total de 126 novos positivos, o que de feito implica que se disparan en 76 en comparación co día anterior. Tamén rexistraron subidas nas infeccións diarias as áreas de Pontevedra, con 39 (+5); Ourense, con 32 (+2); e Lugo, con 25 (+9).

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...