InicioSociedadeA Deputación de Pontevedra leva a súa campaña de xoguetes non sexistas...

A Deputación de Pontevedra leva a súa campaña de xoguetes non sexistas aos buses urbanos de Vigo

PUBLICADO O

A Deputación de Pontevedra levou a súa campaña a favor da adquisición de xoguetes non sexistas aos autobuses urbanos de Vigo, cunha iniciativa de difusión mediante a instalación de vinilos na parte traseira dos vehículos e con vídeos que se proxectarán no interior.

A campaña, que se pon en marcha por sexto ano consecutivo e inclúe diversas accións divulgativas, esténdese deste xeito ao transporte colectivo da cidade olívica, coa rotulación de dous buses das liñas H e 17, que percorren tanto o centro urbano como áreas do rural. Ademais, estes dous autocares proxectarán nas pantallas interiores un vídeo-animación alusiva á campaña.

Durante a presentación da iniciativa, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, lembrou a importancia dos xoguetes na educación dos nenos, e apuntou que, se se compran diferentes xoguetes para nenos e para nenas, dicir que “teñen distintas posibilidades de ter presenza no mundo”, o que é “absolutamente falso”.

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, incidiu na necesidade de que os nenos e as nenas “vivan desde pequenos na igualdade”, un valor que “debe ser asumido que forme parte da cultura”.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...