InicioSociedadeFolga da limpeza no Cunqueiro pola "sobrecarga de traballo"

Folga da limpeza no Cunqueiro pola “sobrecarga de traballo”

Piden máis persoal

PUBLICADO O

O comité de empresa da concesionaria do servizo de limpeza e residuos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Acciona, convocou unha folga indefinida a partir do próximo 14 de decembro para pedir un incremento de persoal ante as necesidades derivadas da pandemia.

Segundo detallou nun comunicado a CIG, que preside o comité de empresa, a “escaseza de efectivos” leva “unha sobrecarga de traballo” entre o persoal, que “se ve impotente para levar a cabo unha correcta desinfección das instalacións”.

Tras mobilizarse e contactar coa xerencia do centro nas últimas semanas, a representación dos traballadores busca “denunciar os incumprimentos de convenio por parte da empresa“, que “fai oídos xordos” aos requirimientos da Inspección de Traballo.

De feito, afirmou que a “mala xestión do servizo por parte de Acciona” causou “incontables queixas e demandas do persoal” das distintas quendas, o que provocou o rexistro da convocatoria de folga. Así as cousas, a representación dos traballadores solicita 22 novas contratacións, o que “permitiría limpar áreas que agora se descoidan”, como “zonas comúns, baños ou vestiarios”.

DEMANDAS

Tamén reclama a creación de “unha comisión paritaria de seguimento” na que “se comuniquen e consulten os incrementos ou diminucións dos contaxios” e “as consecuentes variacións nos criterios de reforzo”.

Ademais, pide que se especifiquen as tarefas que corresponden a cada posto de reforzo das distintas quendas e que se facilite formación teórico-práctica en protocolos COVID e tutorización ás persoas que traballan nesas áreas.

Adicionalmente, o comité de empresa expón que os reforzos se apliquen de luns a domingo e en todas as quendas e que estes novos traballadores non estean exentos de traballar en certas zonas, así como que os contratos precisos para aumentar o persoal se lle trasladen “en tempo e forma”.

Así mesmo, a representación dos traballadores demanda a vixilancia das zonas non receptoras de casos de coronavirus “para mandar unha axuda sempre que os traballos específicos de COVID que vaian xurdindo impidan atender as tarefas cotiás do posto”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...