InicioSociedadeBaixan os casos pero a área de Vigo segue sendo o principal...

Baixan os casos pero a área de Vigo segue sendo o principal foco de contaxio en Galicia

Tivo 95 novos contaxios nun día

PUBLICADO O

O número de persoas con covid-19 ingresadas en hospitais de Galicia volveu a descender ata situarse en 409, cinco menos que 24 horas atrás e 88 menos que hai unha semana. Tamén manteñen a súa tendencia á baixa os ingresados en UCI, que son agora 62, tres menos que na xornada anterior e 31 menos que fai sete días, o que supón unha caída dun terzo. Tamén baixan os novos positivos pero realizáronse un milleiro de PCR menos.

Así se desprende da actualización dos datos de presión hospitalaria publicada na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade na súa páxina web.  Na área sanitaria de Vigo hai 76 persoas ingresadas (unha menos), das que 13 están en UCI (dúas menos) e 63 en planta (unha máis que o día anterior).

POSITIVOS DETECTADOS

En canto aos novos positivos, en toda Galicia detectáronse un total de 290, unha caída de 60 con respecto á xornada anterior. No entanto, hai que ter en conta que caeron de maneira importante as PCR feitas en 24 horas, ata as 5.118, máis dun milleiro menos.

A área sanitaria de Vigo continúa como o principal foco contaxios, con 95 notificados nun día, cinco menos que o anterior. Tras esta, está A Coruña-Cee, con 53 novas infeccións, unha caída de oito; e Santiago-Barbanza, con 46, nove menos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...