InicioSociedadeMorren dúas persoas por Covid na área de Vigo

Morren dúas persoas por Covid na área de Vigo

PUBLICADO O

As vítimas que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia eleváronse a 1.236, tras falecer nas últimas horas oito persoas diagnosticadas con covid-19, dous deles procedentes de residencias de maiores.

Segundo os datos facilitados este mércores pola Consellería de Sanidade, trátase de cinco homes e de tres mulleres. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Dous deles morreron na Área Sanitaria de Vigo, un deles de 70 anos procedía do centro Doralresidencias de Mos e outra muller de 85 anos morreu no hospital de Povisa. Tamén houbo outros dous falecidos na Centro Hospitalario de Pontevedra; unha muller de 71 anos que procedía da Residencia de Vilaboa e un home de 80 anos.

No Chuac da Coruña faleceu un home de 81 anos, outro de 56 no Chuf de Ferrol e, finalmente, unha muller de 77 anos, no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...