InicioSociedadeA Xunta impón confinamentos na Guarda pola súa evolución epidemiolóxica

A Xunta impón confinamentos na Guarda pola súa evolución epidemiolóxica

Ourense e Santiago saen das máximas restricións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ourense e Santiago de Compostela son as primeiras grandes cidades galegas que saen das restricións máis severas para afrontar a evolución da pandemia de coronavirus, segundo acordou o comité clínico este martes, nunha reunión que se prolongou durante un catro horas. Isto podería supor que se permitira a apertura de locais de hostalaría, pero o comité informará desta posibilidade o martes.

Xunto con Ourense pasan a fase dúas tamén Barbadás e Pereiro de Aguiar e saen tamén do peche perimetral conxunto coa capital galega Ames e Teo. Así mesmo, pasan a fase dúas os municipios da Estrada  e Ares.

Por contra, o comité clínico decidiu incrementar as restricións ao nivel máximo, coñecido como modelo O Carballiño, na Guarda e As Pontes, dada a súa evolución epidemiolóxica. Así mesmo, acódrase manter unha  especial vixilancia sobre Boiro, Ordes e Cerceda, na provincia da Coruña, así como sobre A Rúa (Ourense) e A Lama (Pontevedra).

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...