InicioSucesosA Xunta concede aos afectados de Tui as primeiras axudas, que suman...

A Xunta concede aos afectados de Tui as primeiras axudas, que suman 412.635 euros

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia confirmou este mércores que concedeu xa as 15 primeiras axudas, por valor total de 412.635 euros, aos veciños afectados pola explosión do almacén clandestino de material pirotécnico na parroquia de Paramos, en Tui, o pasado 23 de maio.

Así o avanzaron o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, que este mércores mantiveron unha reunión co alcalde tudense, Carlos Vázquez Padín.

Segundo explicou o responsable do IGVS, a Xunta recibiu 37 solicitudes de axudas, das que se resolveron 15: 8 axudas para a rehabilitación de vivendas por valor de 381.285 euros, e 7 axudas para aluguer por valor de 31.350 euros.

Traxedia en Tui
Protesta diante da catedral dos veciños de paramos/Miguel Nuñez

“Os afectados que teñen a solicitude aprobada só teñen que pedir o pago anticipado da axuda para recibir o diñeiro e poder acometer as reformas necesarias”, indicou Heriberto García, quen confirmou que, das 8 solicitudes de subvención para danos en vivendas, sete reclamaron xa o anticipo “polo que en próximos días recibirán xa o ingreso”.

A convocatoria de axudas da Xunta para os veciños afectados por este suceso inclúe, ademais de axudas para aluguer ou para reforma de vivendas, ou subvencións para  transportes.

COLABORACIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

Pola súa banda, o delegado territorial do Goberno galego recalcou a necesidade de que tamén se impliquen as administracións provincial e estatal para que os veciños de Paramos poidan volver á normalidade, e lamentou que “volve suceder o que xa pasou en relación coas axudas polos incendios do pasado mes de outubro”.

Cores Tourís sinalou á Deputación de Pontevedra, á que reclamou que colabore no desentullo da zona, porque ten maquinaria e pode facilitar ese labor, “esencial para acometer a reconstrución”.

Os técnicos do IGVS, sinalaron desde a Xunta, xa realizaron 131 visitas a vivendas da zona afectada pola explosión, para avaliar os danos sufridos polas edificacións.

Pouco queda tras a explosión en Paramos / Miguel Núñez

Por outra banda, o alcalde de Tui confirmou que se están realizando labores de retirada de amianto na zona, e que se espera a colaboración doutras administracións nas tarefas de desentullo.

Así mesmo, indicou que o Concello está pendente do que determine o xulgado sobre a clausura das instalacións da pirotecnia La Gallega en Baldráns (cuxo dono está en prisión pola explosión de Paramos), porque alí “a Garda Civil depositou material atopado noutros lugares”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...