InicioSociedadeMorren dúas persoas en Vigo pola Covid

Morren dúas persoas en Vigo pola Covid

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia alcanzou xa os 1.211 falecementos desde o inicio da pandemia por covid-19, despois de que nesta xornada a Consellería de Sanidade notificase seis mortes máis por mor desta enfermidade, dúas delas en Vigo.

Dúas persoas morreron na Coruña. Así, no Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC) faleceu un home de de 79 anos e outro de 86 anos no hospital  HM-Modelo-Belén da mesma cidade. En Vigo, tamén morreron un home de 56 anos e outra muller de 96 no Complexo Hospitalario de Vigo (CHUVI). Finalmente,  outro home de 87 anos faleceu no Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO).

Tamén tivo lugar a morte doutro home de 92 anos no Hospital da Mariña. Procedía da residencia San Cibrao de Cervo. O Sergas tamén confirma que a muller de 92 anos que faleceu no Hospital da Mariña e da que deron conta o sábado, procedía da Residencia San Cibrao de Cervo.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...