InicioSociedadeFisioterapeutas advirten de que a utilización do móbil pode causar dor cervical

Fisioterapeutas advirten de que a utilización do móbil pode causar dor cervical

PUBLICADO O

O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) advirte de que un mal uso de móbiles ou ordenadores terminan ocasionando dor cervical, e vén de preparar unha serie de recomendacións e exercicios para evitar esta doenza. Tamén en formato vídeo, en só minuto e medio de animación.

A musculatura que rodea as vértebras cervicais é a responsable da mobilidade da cabeza e do pescozo. Tela contracturada ou tensionada pode provocar dores de diferente intensidade, vertixes e mesmo alteracións da percepción en brazos e mans, as chamadas  parestesias.

As posturas inadecuadas, o sobreesforzo, a tensión e as preocupacións son algúns dos factores de risco máis comúns da dor de cervicais, unha doenza que se manifesta con rixidez e que, se non se trata adecuadamente, pode agudizarse e volverse crónica.

O 50% da poboación presenta dores cervicais (cervicalxia) algunha vez na súa vida e as mulleres son máis propensas a padecer estas dores. Normalmente, a dor cervical é atribuíble á tensión aguda e repentina asociado cunha mala postura, ademais de a ansiedade e a depresión.

Un 10% atribúese ao denominado lategazo cervical,  provocado por aceleración-desaceleración en relación con traumatismo automobilístico ou diferentes deportes (mergullo, caídas…).

Por iso, no novo videoconsello da campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) incide na necesidade de coidar a musculatura que rodea as vértebras cervicais e achega para iso unha serie de exercicios que favorecen este coidado.

 

Trátase dunha serie de sinxelos exercicios que os fisioterapeutas recomendas realizar diariamente e que aparecen  explicados no videoconsello deste mes de xullo. O primeiro consiste en exercitar a mobilidade ocular, poñendo a proba a nosa capacidade de seguir un obxecto coa mirada sen mover a cabeza.

O segundo exercicio é de estabilidade visual e orientación. Realizaremos movementos cervicais, mantendo fixa a mirada nun punto, un movemento que nos axudará a recuperar a mobilidade que imos perdendo ao facernos maiores ou que están ocasionados polas malas posturas.

Por último, o terceiro exercicio consiste en facer rotar e estirar o  trapecio para diminuír a tensión que se poida ter acumulada. Debe ser un estiramento suave, para traballar a zona pero sen forzala: se notamos un formigueo, debemos parar.

Os fisioterapeutas recomendan finalizar a serie de exercicios estirando o músculo elevador da  escápula, que é o causante de moitas tortícolis causadas por posturas incorrectas, fundamentalmente ao durmir.

Outros consellos para coidar as cervicais

Para un correcto coidado das cervicais, os fisioterapeutas fan outra serie de recomendacións útiles para a nosa vida diaria:

  • Facer con suavidade  todos os movementos do pescozo, evitando sacudidas violentas.
  • Coller peso de maneira compensada entre ambos os brazos, substituíndo os bolsos grandes dunha soa asa por mochilas ou bolsos cruzados e de menor tamaño.
  • Utilizar bancos ou escaleiras cando se teñan que coller obxectos de lugares elevados, evitando con iso inclinar a cabeza cara atrás.
  • Ao permanecer sentados, procurar que as costas quede recta e a cabeza teña un apoio.
  • Non durmir boca abaixo nin cunha almofada demasiado alta.
  • Procurar non pasar demasiado tempo cosendo, pasando o ferro ou fronte ao computador, etc, porque as actividades que obrigan a manter o pescozo  flexionado causan problemas cervicais.

Coidar a postura ao usar de dispositivos móbiles

Os fisioterapeutas fan fincapé na necesidade ter coidado ao utilizar dispositivos móbiles ou computadores portátiles, porque a postura que adoptamos multiplica por cinco o peso da cabeza.

“Manter unha inclinación de cabeza cara adiante uns 30 graos provoca que o pescozo deba soportar un peso duns 18 quilos, unha inclinación de 45 graos convérteos en 22 kg, e unha inclinación máxima de 60 graos, en 27 quilos, é dicir 5 veces máis do que pesa unha cabeza media”, aseguran.

Por iso recomendan suxeitar o teléfono coa man mentres se fala, e non facelo en ningún caso co ombreiro e a orella, así como traballar fronte ao computador situando a pantalla á altura dos ollos e mantendo as costas e o pescozo rectos e apoiados no respaldo, son outros dos consellos que contribuirán a manter nosas cervicais en condicións óptimas.

Campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”

Coa campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”, os fisioterapeutas queren sensibilizar á poboación sobre a importancia de adoptar hábitos saudables para previr lesións  musculo- esqueléticas a través de pequenos curtos de animación que se difunden con periodicidade mensual.

Difundida na nosa comunidade autónoma polo CoFiGa, a campaña conta tamén coa participación a nivel nacional dos Colexios de Fisioterapeutas de Andalucía, Cantabria, Cataluña, Comunidad de Madrid, Comunidade Valenciana, Navarra e País Vasco.

Os fisioterapeutas inciden con esta campaña na súa vocación de servizo público á poboación, contribuíndo de forma continuada ao asesoramento á comunidade en temas relacionados coa promoción e a defensa da saúde e resaltando ao mesmo tempo que unha das funcións fundamentais da Fisioterapia e dos fisioterapeutas é a prevención e non unicamente o tratamento de lesións e/ou enfermidades.

CoFiGa

CoFiGa é unha institución que representa a nivel autonómico aos máis de 2.600 fisioterapeutas que exercen na nosa comunidade. Os seus obxectivos son a salvagarda dos principios deontolóxicos e ético-sociais da Fisioterapia, a defensa e a promoción da saúde e o benestar dos cidadáns de Galicia en colaboración cos poderes públicos, así como a promoción a nivel científico, cultural, económico e social dos fisioterapeutas colexiados.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...