InicioSociedadeO Sergas quere realizar 20.000 pobas PCR en Vigo para detectar positivos...

O Sergas quere realizar 20.000 pobas PCR en Vigo para detectar positivos asintomáticos

A participación será voluntaria,

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas realizará un cribado masivo en Vigo mediante o que aspira a alcanzar as 20.000 probas PCR realizadas para detectar casos positivos por COVID-19 asintomáticos e “vixiar e frear a circulación do virus”. Fontes da xerencia da área Sanitaria de Vigo indicaron que o obxectivo desta iniciativa consiste en detectar o maior número de persoas infectadas que non presenten síntomas.

Así, lembrouse o risco que levan para a saúde pública os casos asintomáticos ao continuar o desenvolvemento da súa vida de modo habitual e poder ser potenciais contaxiadores. Este cribado enmárcase nas iniciativas desenvolvidas polo Sergas para incrementar a capacidade diagnóstica da área para afrontar a pandemia da COVID-19.

Deste xeito, convidarase a participar no cribado á poboación de centros de saúde de Vigo que cumpran determinados requisitos, ter entre 20 e 60 anos, non someterse a unha PCR nas última dúas semanas e contar cun teléfono móbil rexistrado no sistema de avisos ‘Lembra’, que permite que as autoridades sanitarias envíen notificacións por SMS.

O Sergas contactará coas persoas seleccionadas, ás que convidará a someterse á proba, cuxa realización será voluntaria. Unha vez que acepten realizar a PCR, concertarase unha cita para que acudan ao dispositivo sanitario no que se lles tomará unha mostra.

O punto de extracción fixarase de acordo con criterios de proximidade e accesibilidade e segundo o número de persoas que acepten someterse á proba, que se poderá realizar nos COVID-Auto dos hospitais Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro, ademais de en instalacións como pavillóns deportivos ou centros socioculturais.

REALIZACIÓN DE PCR

En concreto, convidouse a realizarse o test a 2.000 persoas adscritas ao centro de saúde de Sárdoma durante este fin de semana no COVID-Auto do hospital Meixoeiro. Posteriormente, convocarase a outras 2.000 persoas seleccionadas do centro de saúde de Lavadores.

A xerencia da área Sanitaria de Vigo expresou a súa esperanza de que se alcance a máxima participación das persoas seleccionadas dado o “gran impacto” que pode supor esta medida na loita contra o virus.

Paralelamente, lembrou que se realiza un cribado mediante PCR aos traballadores dos programas sociais dalgunha ONG e municipios da zona.

Segundo datos do Sergas, no último día, a área Sanitaria de Vigo foi a que rexistrou máis casos activos de coronavirus de Galicia, Os aínda que acumulou unha baixada de 42 en 24 horas. Ademais, sumou 168 novos positivos este venres, polo que volveu a representar a zona máis afectada.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...