InicioSociedadeCIG concéntrase ante a residencia de Salvaterra para esixir "depurar responsabilidades"

CIG concéntrase ante a residencia de Salvaterra para esixir “depurar responsabilidades”

Traballadores do centro e algúns familiaes critican a "manipulación" que se está facendo dunhas "fotos" do centro.

PUBLICADO O

Delegados do sindicato CIG concentráronse este martes ante a residencia de maiores de Salvaterra, que foi intervida pola Xunta de Galicia ante a elevada incidencia de casos de COVID, para esixir que “se depuren responsabilidades” polas “deficiencias” do centro e os “contaxios masivos”.

O sindicato lembrou que leva desde 2017 denunciando ante a Inspección de Traballo, nos xulgados, ante a Xunta e o Concello de Salvaterra, a falta de persoal do xeriátrico e os problemas “nas instalacións e na atención”, así como o “acoso” ao que foron sometidas traballadoras afiliadas a esta central sindical, sen que ningún organismo fixese “nada”.

Segundo a CIG, os problemas neste centro de Salvaterra comezaron en 2016, cando recibiu o concerto das primeiras 24 prazas públicas. A partir dese momento, agravouse a situación de “acoso, excesiva carga de traballo e absoluta falta de medios”. “A filosofía de xestión que se aplica en case todos os centros privados de coidado a persoas é que a que explica o ‘patrón’ desta residencia cando di que isto é un negocio e, cando un ‘vello’ morre, a Xunta mándalle outro“, denunciaron.

O sindicato nacionalista tamén criticou que esta situación se dá coa “complicidade necesaria do goberno da Xunta” que, mesmo “despois das denuncias recentes”, saíu “ao rescate” afirmando que a atención nesta residencia “seguía sendo adecuada”.

Esta concentración celebrouse horas despois de que se confirmase que a Fiscalía abriu dilixencias para investigar a situación do centro, tras unha denuncia do Defensor do Paciente sobre supostas deficiencias nas instalacións, sucidade, e malas condicións dos anciáns (22 dos cales faleceron con COVID nas últimas semanas). No centro hai actualmente, segundo Política Social, 20 usuarios e 17 traballadores contaxiados.

Fronte a esas denuncias, un grupo de traballadores do centro e familiares dos usuarios trasladaron a súa “indignación” polas “calumnias” e “fotos manipuladas” que se fixeron públicas, e negaron que a residencia sexa “inhumana”, que haxa sucidade ou que a atención aos maiores non sexa a adecuada. Así mesmo, a Asociación Galega do Sector da Dependencia (AGASEDE) tamén trasladou o seu apoio ao centro de Salvaterra, os seus traballadores e familias dos anciáns.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...

Tres detidos en Vigo por presunta vinculación cun atraco bancario

Polo menos tres persoas foron detidas na mañá deste martes en Vigo pola súa...